Padd Solutions

Converted by Falcon Hive


E por fin vos traemos aquí o cartel para as próximas Xornadas!!
A gañadora é Alba Lage que esperamos vela nas Xornadas para recibir o seu premio.



Moitas gracias a todos os que participástedes, como sempre para o ano que ven esperamos máis!!


E como bonus, aquí tendes o horario das IV Xornadas.



Como vedes desta vez traemos novas actividades a parte das tradicionales proxeccións, charlas e concursos. Volveremos a ter connosco a Minako, profesora de xaponés que nos ensinará caligrafía e a escribir os vosos nomes.
Poderemos disfrutar dunha exposición de Bonsais gracias a unha asociación de Ourense e ademáis teremos varios talleres sobre distintos temas como Origami, maquillaxe para cosplays, baile, Softcombat..
Desde o primeiro día poñeremos á venta entradas para os talleres, para axudar ca compra de material a un precio simbólico de 0,50€ cada un pero se comprades a entrada para todos sálevos só a 2€!
Animádevos a participar en todo o que poidades!!


(Pasade polo foro para ver máis detalles sobre os concursos e talleres) Mineko