Padd Solutions

Converted by Falcon Hive


Un ano máis abrimos o concurso do cartel das IV Xornadas Kamakura que se celebrarán este ano. Escolleranse os gañadores que levarán un lote de premios ademáis de ter a honra de ver a súa obra publicada nos carteis cos que cubriremos Ourense e os panfletos co programa das xornadas!!

As normas son moi simples:
- O cartel debe ter unhas dimensións de 1000x1415 píxeles e orientación vertical.
- Non debe levar texto, añadirémosllo nós despois como sempre por se hai cambios que afecten a esto.
- Debedes deixar un espacio para poner os patrocinadores, colaboradores… normalmente na parte inferior.
- Este ano en cambio NON se poderán usar imaxes de internet, é dicir, debe ser un debuxo ou fotografía orixinal voso. Non é necesario inventar personaxes novos, podedes utilizar personaxes de autores famosos pero realizados por vos, sacar fotos de cosplays...
- Como é lóxico debe ter relación ca cultura xaponesa en xeral e co manganime en particular.
- Podedes mandar tantos carteis como poidades facer, non hai límite.
- Os carteles debedes envíalos a: asociacion_kamakura@hotmail.es
- O último día para envíalos será o 17 de xullo.

Ánimo e a ver se este ano temos máis concursantes que os anos anteriores!!